jueves, 28 de noviembre de 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 Con motivo do mes da ciencia no noso centro dende a biblioteca lanzamos un reto aos nosos alumnas e alumnos onde por pequenos grupos tiñan que investigar sobre un científico ou unha científica, a partir dunha caixa sorpresa que contiña un crebacabezas e un obxecto sobre o científic@ que lles tocou.
Deixámosvos algunhasun video do traballo xenial dos nosos alumnos e alumnas!








martes, 5 de noviembre de 2019

SAMAIN

Para celebrar a festa do SAMAIN dende a biblioteca escolar proxpuxemos aos nosos alumn@s e prfesor@s, un concurso de contos de medo.
Para elo collemos uns contos escritos polo IES MENDIÑO de Redondela, @s nos@s alumn@s tiñan que ler o conto entoando e facendo diferentes efectos de son. 
Este foi o conto gañador




SAMAIN NO CEE de PANXON

martes, 1 de octubre de 2019

XA ESTAMOS DE VOLTA


Bo comezo de curso!
Xa estamos aqui de novo con moitas ganas e as pilas cargadas!
Para dar a benvida ao noso alumnado fixemos unha dinámica onde os antigos alumnos explicaron o que era a biblioteca para o noso centro a través de palabras e imaxes...foi moi emocionante escoitar dos nosos alumnos o que significaba a biblioteca para todos e todas.


lunes, 3 de junio de 2019

DE PANXON AO CEO

De Panxón ao ceo é un proxecto de todo o centro, onde todo o alumnado temos unha única misión; MANDAR UN GLOBO SONDA A ESTRATOSFERA, co fin de recoller unha serie de datos meteoróxicos e as imaxes da subida e baixada do globo, que pormeten ser incribles.
Para iso tivemos que traballar moi duro: investigar, montar o equipo, facer unha campaña de difusión, buscar financiamento, programar o lanzamento,...
Deixámosvos un video do proxecto



lunes, 4 de marzo de 2019

3,2,1,...TOLEAMOS NO MAR

Este pasado 28 de Febreiro abrimos a priemeira data do noso restaurante Toleamos sen +, este ano adicado ó mar.
Para este proxecto de centro creamos unha páxina web que vos deixamos a continuación, onde podedes atopar toda a información do proxecto e podedes animarvos a reservar para algún dos xoves que abrimos.


TOLEAMOS NO MAR-RESERVAS

miércoles, 20 de febrero de 2019

ESTRENAMOS RADIO


Este ano temos un proxecto novo, moi ligado a Biblioteca Escolar.
Fai unhas semanas os nosos profesores do prexecto audiovisual sorprendéronnos cunha caixa na aula, ao abrila comprobamos que era unha radio, despois de montala e facer algunhas probas, decidimos crear un novo proxecto: "FRIKEANDO NAS ONDAS".
Como xa comentamos o noso PDI este ano, e o MAR, co cal queríamos estrear a radio facendo entrevistas a dous homes do mar, Miguel o capitán baionés  do atuneiro Txori zuri e Miguel Blach o capitán do Alakrana que nos deu unha entrevista en primicia do seu secuestro a máns duns piratas somalíes.



viernes, 1 de febrero de 2019

Estes días na biblioteca de Panxón estamos traballando para presentar próximamente o noso proxecto estrela! Próximamente informaremos en detalle sobre o noso traballo

jueves, 24 de enero de 2019

ALGO SE ESTÁ COCIÑANDO NO CEE DE PANXÓN

Este 2019, comezamos con moita forza!!
Comezamos a traballar no restaurante TOLEAMOS SEN MAIS, este ano o adicamos ó MAR!!
Pronto iremos poñendo mais informaicón sobre o proxecto!!