jueves, 20 de diciembre de 2018

O CEE DE PANXÓN XOGA COAS DUNAS



O pasado martes 18 de decembro  o alumnado de Educación Primaria do CEE de Panxón, visitou as Dunas para levarlles un xogo confecciónado por eles mesmos.
Ademáis prepararon con moito cariño unha representación dun conto coa técnica KAMISHIBAI!
Foi unha experiencia xenial para todos!!



XOGANDO COAS DUNAS

miércoles, 28 de noviembre de 2018

O CEE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Os alumnos de EP e ESO, traballaron para a sensibilizar a toda nosa comunidade educativa sobre a VIOLENCIA MACHISTA.
Traballando dende a nosa máquina de tolerías pola IGUALDADE, E A SOLIDARIEDADE!



martes, 20 de noviembre de 2018

SAGOSTO

Este ano decidimos celebrar O SAGOSTO: unha frikicombinación do SAMAIN E  MAGOSTO. Tivemos uns invitados moi moi especiais, os usuarios de AFAGA, cos que fixemos os cucuruchos para a nosa VELADA TERRORÍFICA!
Así de ben o pasamos!!







jueves, 15 de noviembre de 2018

RECOLECTANDO SETAS



O pasado martes 13 de novembro, fomos o Parque forestal de Saiáns  no concello de Vigo, alí identificamos algunhas das setas que traballamos nas aulas de secundaria!!
 Foi unha mañá moi interesante!!



jueves, 18 de octubre de 2018

AS HISTORIAS DA RÍA DE VIGO





Hoxe adentrámonos na historia da ría de Vigo, comezamos a xornada cunha visita ó museo Meirande, logo desembarcamos na illa de San Simón e comemos na praia de Cesantes.

CANTOS TESOUROS GARDA ESTA RÍA!!

domingo, 16 de septiembre de 2018

BENVIDOS Ó CURSO 2018-2019

Benvidos ó curso  2018-2019

Comezamos este curso con moita ilusión retomando proxectos e empezando outros novos!!
Un dos obxectivos primoirdiais é achegar a biblioteca ós nosos alumnos para elo, imos re-estructurar a nosa biblioteca dunha maneira mais accesible e atractiva!

lunes, 16 de abril de 2018

METEREÓLOGOS POR UN DÍA


O pasado mes de Marzo recibimos a visita dos alumnos do CPI de Panxón, cos que os nosos alumnos traballaron como meteorólogos profesionais.
Prepararon unha exposición  na biblioteca para explicarlles os aparatos que compoñían unha estación meteorolóxica e posteriormente visitamos a que está instalada no noso centro.
Foi unha experiencia moi positiva! Aqui vos deixamos algunhas mostras da xornada:


 

 

viernes, 9 de febrero de 2018

VISITA A METEOGALICIA

Un dos nosos proxectos con mais tempo  é METEOPANXÓN, onde os nenos fan as medicións da nosa pequena estación meteorolóxica.
Para afondar nos coñecementos, onte un pequeno  grupo de alumnos de secundaria, visitou as instalacións de METEOGALICIA. A experiencia foi moi positiva, os nosos alumnos coñeceron moito mais a fondo para que sirven os diferentes instrumentos de medición, e como se fai unha predicción do tempo.
Estará entre os nosos nenos  o novo Pemán???
Dende aquí queremos agradecer a todos os profesionais de Meteogalicia o seu traballo e o trato tan amable que recibimos!!




viernes, 2 de febrero de 2018

TOLOS CIENTÍFICOS NA NOSA MÁQUINA DE TOLERÍAS



Os alumnos de primaria do noso centro, coverten a nosa biblioteca nun laboratorio científico onde ocorren cousas tan divertidas como incribles.

Achegámosvos o enlace do súa canle Youtube, estes aprendices de científicos merecen moitos"likes"!!
 

jueves, 18 de enero de 2018

CHEGA O 2018...CHEGA A MÁQUINA DE TOLERÍAS


Fai tempo que non publicamos no blog,..pero empezamos con moita forza!

O 2018 chega a biblio con moitas novidades, e moitas ilusións,..achegámosvos o nosa primeira actividade do ano...MOI EXPLOSIVA E DIVERTIDA!!

Moitas gracias a nosa amiga e colaboradora Carolina Sertal, que nos axudou nesta actividade tan divertida.