viernes, 9 de febrero de 2018

VISITA A METEOGALICIA

Un dos nosos proxectos con mais tempo  é METEOPANXÓN, onde os nenos fan as medicións da nosa pequena estación meteorolóxica.
Para afondar nos coñecementos, onte un pequeno  grupo de alumnos de secundaria, visitou as instalacións de METEOGALICIA. A experiencia foi moi positiva, os nosos alumnos coñeceron moito mais a fondo para que sirven os diferentes instrumentos de medición, e como se fai unha predicción do tempo.
Estará entre os nosos nenos  o novo Pemán???
Dende aquí queremos agradecer a todos os profesionais de Meteogalicia o seu traballo e o trato tan amable que recibimos!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario