jueves, 27 de mayo de 2021

XELA E TI DE QUEN VES SENDO?

 Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Xela Arias, dende o equpo de BE e o EDNL, decidimos facer un concurso por equipos con todas as aulas do noso centro. O concurso constaba de tres fases: unha de adestramento, un primeiro enfrentamento onde todos os grupos e posteriormente unha GRAN FINAL, onde se xogaba ao XELA & CO, no que os nosos alumnos demostraron todo o que aprenderon sobre a nosa poeta. Deixámosvos algunhas fotos!




miércoles, 17 de marzo de 2021

COMPARTINDO EXPERIENCIAS DENDE A NOSA BIBLIOTECA

Este curso o noso centro está participando nun proxecto europeo, o ERASMUS PLUS, que consiste en participar con outros centro en actividades telemáticas. Deixámosvos unha sesión de experimentos científicos, onde os nosos alumnos foron uns auténticos YOUTUBERS CIENTÍFICOS!!



viernes, 26 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana festexamos o Día do nacemento de Rosalía de Castro con diferentes actividades con todos os alumnos e alumnas do noso cenro. A continuación deixámosvos un vídeo co resumo desta actividade tan bonita proposta dende a BE e o EDNL.
 

viernes, 19 de febrero de 2021

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES SOCIAIS

 Hoxe queremos anunciarvos que no CEE de Panxón estqará en INSTAGRAME e FACEBOOK, co nome "ceepanxon". Nas nosas redes iremos actualizando coas acitividades, saídas e acontecementos mais importantes da vida do centro, incluídas as actividades e proxectos da  BIBLIOTECA !


miércoles, 10 de febrero de 2021

TOLEAMOS ESCAPE RESTAURANT

 

Este novo proxecto inspirase no noso restaurante! Este ano como non podemos abrirn o restaurante ao público decidimos intentar crear algo para gurpos moi reducidos, así que entre todos mestres e nenos e promovidos pola nosa BE, decidimos montar unha ESCAPE ROOM!!

Se a situación sanitaria no lo permite, tentaremos abrir ao público! estade moi atentos e atentas!!


lunes, 25 de enero de 2021

ALGO ANDAMOS ARGALLANDO

 Este ano 2021 empeza para nós cargada de ilusión...estamos argallando un novo proxecto que vai ser a BOOOOOMBAAA!!



viernes, 8 de enero de 2021

lunes, 21 de diciembre de 2020

A BILIOTECA DO CEE DE PANXÓN DESÉXAVOS UN BO NADAL

 Como cada ano dende a biblioteca escolar en coordinación co proxecto adudiovisual do centro, Produccións Panxón, plantexámoslles ao alumnado e ao profesorado a re
alización dunha vídeofelicitación de nadal para toda nosa comunidade educativa.

Este ano 2020 pasará a historia como o ano onde a palabra CONFINAMENTO, PANDEMIA E CORONAVIRUS fíxose habitual no noso día a día, polo que pensamos que o noso traballo debía de recoller o momento que estamos a vivir, eso si, con moito humor!

Inda que seguramente este Nadal non sexa o máis feliz, nós faremos todo o posible por pasalo ben e disfrutar con moito SENTIDIÑO!

BO NADAL A TOD@S E FELIZ ANO NOVO!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA 2020

 O mes de novemebro é o MES DA CIENCIA nas bibliotecas escolares. Dende a biblioteca do CEE de Panxón propuxémoslle a través dun xogo aos nosos alumnos e alumnas un traballo de investigación cun concurso de chapas final. Deixámosvos un pequeno vídeo de todo o proceso... e a chapa gañadora.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!



sábado, 7 de noviembre de 2020

SAMAIN NO CEE DE PANXÓN

 Este ano coa chegada do SAMAIN dende a Biblioteca Escolar convocamos o II CONCURSO DE AUDIOCONTOS DO CEE DE PANXÓN. Os nosos alumnos en pequenos equipos entraban a nosa biblioteca e escollían un sobre cun microrrelato de terror, xunto cunhas normas e indicacións tiñan que convertir ese microrrelato nun podcast terrorífico, velaquí os dous gañadores:

ESPERTAR DUN SOÑO E VIVIR UN PESADELO





O BAÑO

martes, 6 de octubre de 2020

Comezando o curso con moito talento!

 Este curso vai ser moi dificil para todos e todas nós, cheo de incertezas, desafíos, novas normas...polo que imos precisar do humor e o optimismo para sobrelevalo. 

Dende a  nosa Máquina de Tolerías quixemos prepararlle aos noso alumnos e alumnas o primeiro día de clase  un TALENT SHOW onde todas as disciplina,  alfabetizacións e linguaxes estarían presentes. O obxectivo era recordarlles a todas elas e ele
s que este curso máis que nunca cada un de nós debemos utilizar o noso talento para facer fronte a irreal realidade!

O resultado foi xenial, como todos os rapaces e rapazas que enchen de vida o noso CEE de Panxón, 6 meses despois todo volve  a tola normalidade do noso día a día.

lunes, 21 de septiembre de 2020

BENVIDO CORONACURSO 2020!

Esá a piques de comezar o curso e na nosa MÁQUINA DE TOLERÍAS comezámonos a preparar para esta nova normalidade!! 



domingo, 21 de junio de 2020

DESPEDIMOS ESTE RARO CURSO 2019-2020

Estes días os mestres e mestras do CEE de Panxón estabamos un pocuo apenados por este fin de curso un tanto gris, xa que non nos poidesmo despedir dos nosos alumnos e alumnas como outros anos, con excursións, festas, e vídeos de despedida..., pero hoxe tivemos unha GRAN SORPRESA DUN DOS NOSOS ALUMNOS. 
Luis Jones enviounos estes videos tan máxicos cos que nos sacou un sorriso e nos alegrou o corazón.

FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS!
ESTAMOS DESEXANDO  VOLVER A ENCONTRARNOS CON TODOS E TODAS VÓS!

lunes, 8 de junio de 2020

TERRA CHAMANDO A PANXÓN: AXUDAAA. PARTE 2


Desta volta aproveitando que o hoxe, 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos propuxémoslle aos nosos alumnos e alumnas comezar unha campaña para a limpeza das praias que están máis preto do noso centro educativo e onde eles e elas pasan parte do seu ocio. Para animalos falámoslle de un rapaz indio que fixo o mesmo na súa cidade, AFROZ SHAH, e enviámoslle o seguinte video:

lunes, 1 de junio de 2020

TERRA CHAMANDO A PANXÓN: AXUDAAAA.

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o vindeiro 5 de xuño, dende a BE e EDNL queremos propoñerlles aos noso alumnos convertir o noso  colexio, nun centro educativo respetuoso co medio ambirente, por eso lle propuxemos o serguinte reto:

miércoles, 20 de mayo de 2020

CAL É A TUA PALABRA OU EXPRESIÓN GALEGA FAVORITA?

Esta foi a actividade coa que festexamos este Día das Letras Galegas 2020 no CEE de Panxón. 
Dende o EDNL e a BE propuxémoslle aos nosos alumnos e alumnas, mestres e mestras que nos fixeran chegar a súa palabra ou expresión galega favorita cunha imaxe que a representase e este foi o resultado...
MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR!

lunes, 18 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero

Este 17 de Maio do 2020 está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 
Naceu en Ferrol no 1990 e dende moi pequeno quedou orfo de nai, criouse co seu pai e os seus irmáns e dende novo mostrou interese polos libros, o cine e o teatro.
Nos anos 30 participou na fundación do Partido Galeguista xunto a Castelao e outros homes e mulleres relevantes para a a nosa historia, e comezaron a elaborar o Estatuto de Autonomía de Galiza.
No 1936  Ricardo Carvalho Calero atopábase en Madrid participando nunha oposición, cando aconteceu o golpe de estado, decidiu loitar pola República e un tempo despois foi detido polo exército de Franco e foi transladado a unha cárcere de Xaén onde estivo 2 anos. 
De volta en Galiza, foi nomeado director do Colexio Fingoi de Lugo, onde permaneceu no cargo 15 anos, durante os que seguiu afondando nos seus estudos e investigacións sobre a Lingua e a Literatura Galega.
En 1972 foi o primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Compostela, ao que se dedicou con moita paixón ata o 1980 cando se xubilou. 
En 1990 morre en Santiago de Compostela, deixando tras el numerosas publicacións de moito interese internacional.

martes, 5 de mayo de 2020

LUIS SORPRÉNDENOS!


Hoxe queremos compartir con vós o vídeo de Luis con todo o proceso de creación para o concurso de portadas coa que celebramos o Día do Libro.
Luis creou este vídeo onde explica dunha maneira moi orixinal todo o proceso para o concurso  e  cómo recibiu o agasallo de parte de todos e todas as mestras e mestres do CEE de Panxón, co que recoñecemos o seu traballo e esforzo.
Fíxonos moita ilusión recibilo!
MOITAS GRACIAS LUIS

jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL - DIA DO LIBRO


Dende a Biblioteca do CEE de Panxón e en coordinación co EDNL do centro, propuxémoslle aos nosos alumnos un RETO FOTOGRÁFICO para festexar o día do libro.
O reto consistía en que cada alumna e alumno escollese un libro en galego da súa casa e fixese unha réplica da portada utilizando o que tiñan a man.
 Deixamosvos un vídeo do resultado dos dous gañadores!
Moitas gracias a todos e todas  por concursar!!

martes, 14 de abril de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE COFINADA

Nestes días tan raros, dende a BE argallamos algo para despertar a creatividade dos nosos alumnos dende as súas casas, o reto era facer unha animación con obxectos, xoguetes, comida, menaxe, roupa,..con calqueira cousa que o animala nos comunicara algo, polo que organizamos o:
I CERTAME DE  ANIMACIÓN DO CEE PANXÓN

Recibimos dous estupendos traballos que vos achegamos no seguinte vídeo: 

miércoles, 18 de marzo de 2020

TRABALLANDO EN CONFINAMENTO

Dende o Equipo de Biblioteca do CEE de Panxón, queremos enviarvos a todos moita forza para sobrelevar este momento! Nós seguimos traballando en confinamento para prepar algunha actividade que vos poida facer esquecer por uns intres o que está sucedendo!

domingo, 15 de marzo de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE FINAL


Nesta nova achega de cómo convertir un conto en curta, xa case o temos todo rematado, pero deixámosvos unha proba de son e animación.
Esperamos que pronto vos poidamos ensinar a curta enteira, estamos a aprender moito!

miércoles, 11 de marzo de 2020

viernes, 6 de marzo de 2020

8M NO CEE DE PANXÓN

Deixámosvos unha entrada de cómo traballamos o 8M no CEE DE PANXÓN, nesta ocasión quixemos que os nosos alumnos e alumnas investigaran un pouco sobre o feminismo. 
Agardammos que vos guste o vídeo.

domingo, 23 de febrero de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE 5

Desta vez neste proxecto audiovisual tivemos que xogar coa iluminción.
Estivemos facendo probas iluminando de diferentes xeitos aos nosos personaxes. Deixámosvos unha mostra,

miércoles, 19 de febrero de 2020

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Este pasado 11 de febreiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA coa visita de dúas investigadoras do CSIC, coas que os nosos alumnas e alumnos puideron  coñecer o seu traballo de invstigación sobre diferentes especies mariñas.
Deixamos o enlace do blog do centro, onde se recolle máis información sobre esta xornada.



jueves, 13 de febrero de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE 4

Seguimos traballando no noso proxecto audiovisual, desta vez estivemos preparando todo o necesario para comezar a facer o stop motion, é dicir, estivmos facendo os personaxes, o escenario, as diferentes expresións que requiren os nosos protagonistas...un alumno do centro recolleu nas fotos todo o que traballamos coas nosas mestras de plástica.

miércoles, 29 de enero de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE 3

Nesta terceira tarefa, tivemos que escoller un conto dos que nos doaron dende OQO editorial, para traducilo a linguaxe audiovisual coa técnica STOP MOTION. 
O primeiro que fixemos foi escoller o conto: "CARACOL E VERMIÑO" e facer o story-board analizando ben a historia, os personaxes e como iamos a representar a historia.
Así foi como traballamos:

miércoles, 22 de enero de 2020

viernes, 17 de enero de 2020

DO CONTA Á CURTA PARTE 2

Como xa vos contamos anteriormente estamos inmersos dende a BE nun plan proxecta onde traballamos a través do audiovisual. A tarefa de esta semana era lograr facer un "STOP MOTION" cuns obexectos que  os nosos alumnos atopáronse nunha caixa na BE. 
Despois de moito traballo este foi o resultado:

lunes, 13 de enero de 2020

DO CONTO Á CURTA. PARTE 1

Do conta á curta é un Plan Proxecta proposto dende a BE e o EDNL para a participación de tod@s os alumn@ e os mestr@s do CEE de Panxón, este proxecto consiste en convertir un conto nunha curta a partir da utilización da técnica de animación "STOP MOTION".
Como nisto da animación somos un pouco inexpertos, comezamos traballando dúas maneiras de animacion moito máis sinxelas: O FLIPBOOK E TAUMATROPO. 
Deixámosvos un video da actividade

jueves, 28 de noviembre de 2019

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

 Con motivo do mes da ciencia no noso centro dende a biblioteca lanzamos un reto aos nosos alumnas e alumnos onde por pequenos grupos tiñan que investigar sobre un científico ou unha científica, a partir dunha caixa sorpresa que contiña un crebacabezas e un obxecto sobre o científic@ que lles tocou.
Deixámosvos algunhasun video do traballo xenial dos nosos alumnos e alumnas!








martes, 5 de noviembre de 2019

SAMAIN

Para celebrar a festa do SAMAIN dende a biblioteca escolar proxpuxemos aos nosos alumn@s e prfesor@s, un concurso de contos de medo.
Para elo collemos uns contos escritos polo IES MENDIÑO de Redondela, @s nos@s alumn@s tiñan que ler o conto entoando e facendo diferentes efectos de son. 
Este foi o conto gañador




SAMAIN NO CEE de PANXON

martes, 1 de octubre de 2019

XA ESTAMOS DE VOLTA


Bo comezo de curso!
Xa estamos aqui de novo con moitas ganas e as pilas cargadas!
Para dar a benvida ao noso alumnado fixemos unha dinámica onde os antigos alumnos explicaron o que era a biblioteca para o noso centro a través de palabras e imaxes...foi moi emocionante escoitar dos nosos alumnos o que significaba a biblioteca para todos e todas.


lunes, 3 de junio de 2019

DE PANXON AO CEO

De Panxón ao ceo é un proxecto de todo o centro, onde todo o alumnado temos unha única misión; MANDAR UN GLOBO SONDA A ESTRATOSFERA, co fin de recoller unha serie de datos meteoróxicos e as imaxes da subida e baixada do globo, que pormeten ser incribles.
Para iso tivemos que traballar moi duro: investigar, montar o equipo, facer unha campaña de difusión, buscar financiamento, programar o lanzamento,...
Deixámosvos un video do proxecto