lunes, 18 de mayo de 2020

Día das Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero

Este 17 de Maio do 2020 está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 
Naceu en Ferrol no 1990 e dende moi pequeno quedou orfo de nai, criouse co seu pai e os seus irmáns e dende novo mostrou interese polos libros, o cine e o teatro.
Nos anos 30 participou na fundación do Partido Galeguista xunto a Castelao e outros homes e mulleres relevantes para a a nosa historia, e comezaron a elaborar o Estatuto de Autonomía de Galiza.
No 1936  Ricardo Carvalho Calero atopábase en Madrid participando nunha oposición, cando aconteceu o golpe de estado, decidiu loitar pola República e un tempo despois foi detido polo exército de Franco e foi transladado a unha cárcere de Xaén onde estivo 2 anos. 
De volta en Galiza, foi nomeado director do Colexio Fingoi de Lugo, onde permaneceu no cargo 15 anos, durante os que seguiu afondando nos seus estudos e investigacións sobre a Lingua e a Literatura Galega.
En 1972 foi o primeiro Catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Compostela, ao que se dedicou con moita paixón ata o 1980 cando se xubilou. 
En 1990 morre en Santiago de Compostela, deixando tras el numerosas publicacións de moito interese internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario